miércoles, 22 de febrero de 2012

Xornadas Robóticas

Mañá, xa sabedes, van ter lugar as II Xornadas robóticas no noso instituto. Como os últimos días non falamos moito, vouvos recordar algunha cousiña:
1. Tedes que estar ás 9 da mañá no IES, na porta do ximnasio. Alí xa se vos informará das actividades (haberá un cartel cun resumo das probas e das regras que afectan a cada unha delas).
2. É importante que saibades que, a partir das 10, tedes que inscribirvos e que, para facelo, cada grupo debe recoller previamente o seu robot e a caixa de pezas correspondente no taller de tecnoloxía.
3. No taller de tecnoloxía estará un alumno de BAC repartindo os robots e as caixas, que serán necesarias por se nalgunha proba hai que modificar a estrutura do robot. Recordade que non tedes ningún robot en propiedade; é dicir, estes repartiranse por orde de chegada  e pode ser que compitades cun robot co que non traballastes; máis é igual: todos fan as mesmas cousas!
4. Sodes responsables do coidado  do robot e a caixa durante toda a xornada.
5. Borrade os programas que haxa no robot para non terdes problemas de memoria.
6. En cada unda das probas, unha vez se vos informe do desafío, teredes tempo para programar o robot e para modificar a súa estrutura, se o considerades oportuno. Recordade que traballades en grupo!
7. TEDES COÑECEMENTOS SUFICIENTES PARA PODER GAÑAR CALQUERA PROBA.
8. SORTE!
9. Ímolo pasar moi ben!
10. O premio é unha TABLET  (supoño que xa vistes a foto na entrada anterior).

AVISOS
  • Os alumnos que non compiten nas xornadas e formarán parte da organización (Paula, Hounaida, Ikram, Carolina, Mateo, Lucía, Andrea... non sei se me olvido de alguén) pasade a verme polo ximnasio ás 10.
  • Aos alumnos de BAC quero vervos xa ás 9 no ximnasio que me tedes que axudar a moitas cousiñas, grazas de antemán!
  • JOSÉ ANTONIO, sei que é probable que sexas dos poucos que le isto, así que, por favor, informa aos compañeiros. Grazas!
  • LUEIRO (non sei quen máis tiña exame) falei con dirección para que vos cambien o exame e creo que non haberá problema. Mañá xa volo confirmo! As competicións empezarán ás 11 e se chegades tarde perderedes algunha proba e será moi difícil que poidades optar a gañar a competición.
Quero algún comentario para saber que ledes esta entrada.

    7 comentarios:

    1. Hala... y cuándo es el examen entonces?
      PD: qué mal que no podamos competir... yo quería el tablet xD

      ResponderEliminar
    2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      ResponderEliminar
    3. Iago e demais alumnos de BAC que me vades axudar moito, xa o sei, invítovos a tomar algo un día, prometido!

      ResponderEliminar
    4. Que está confirmado que vos aplazan o exame para outro día, xa vos poñeredes dacordo coa profesora correspondente.

      PD. A ver si organizamos otra competición en la que podáis participar!

      ResponderEliminar
    5. jose antonio leu esto e tratara d avisar a todos.
      eu poderia ir de organizador tamen"!

      ResponderEliminar
    6. Se prefires participar na organización aínda estás a tempo. Vén verme sobre as nove ao ximnasio. Mais non é moito mellor que compitas co teu grupo e intentes gañar a Tablet? Eu creo que si, non?

      Graciñas por avisar a xentiña. Sabía que podía contar contigo!

      ResponderEliminar
    7. Que estaba pensando, José Antonio, que poderías ser o reporteiro das xornadas: facer vídeos, sacar fotos, facer enquisas aos participantes,...Como me dixeches que che gustaría ser xornalista, que dis?

      Mañá, se che apetece o de reporteiro, pasa polo ximnasio antes das 10 e xa me dis.

      ResponderEliminar