Tecnoloxía Industrial

O último día de curso puxemos a funcionar os fornos solares. Foi un día bonito: últimos retoques a primeira hora da mañá, colocación dos aparellos no patio do instituto e no recreo marchamos con eles para a praia e xa non volvemos. Xogamos o trivial, bañámonos, paseamos, comemos, ... En fin, unha boa forma de rematar o curso.
  O prometido: un proxecto técnico sinxelo de construción dun forno solar. É para que vos sirva de guía, non vale copiar e pegar! Proxecto técnico: forno solar
View more documents from Emma Vedo.


Aí temos a Ana explicando cómo funciona o cilindro dun motor de combustión utilizando as maquetas realizadas. Hai algunha parte do vídeo que non se escoita moi ben, o noso director Carlos saberá...Para o próximo necesitaremos un técnico ou unha técnica de son!


Para introducir o tema de Mecanismos, que comezaremos despois das xornadas robóticas, e como eu tamén tiña ganas de ir ao taller, deunos por traballar coa webquest "Queres ser enxeñeiro de Fernando Alonso?" que fixen no seu día para 3º da ESO. Eu creo que foi boa idea...

No hay comentarios:

Publicar un comentario