miércoles, 22 de febrero de 2012

Xornadas Robóticas

Mañá, xa sabedes, van ter lugar as II Xornadas robóticas no noso instituto. Como os últimos días non falamos moito, vouvos recordar algunha cousiña:
1. Tedes que estar ás 9 da mañá no IES, na porta do ximnasio. Alí xa se vos informará das actividades (haberá un cartel cun resumo das probas e das regras que afectan a cada unha delas).
2. É importante que saibades que, a partir das 10, tedes que inscribirvos e que, para facelo, cada grupo debe recoller previamente o seu robot e a caixa de pezas correspondente no taller de tecnoloxía.
3. No taller de tecnoloxía estará un alumno de BAC repartindo os robots e as caixas, que serán necesarias por se nalgunha proba hai que modificar a estrutura do robot. Recordade que non tedes ningún robot en propiedade; é dicir, estes repartiranse por orde de chegada  e pode ser que compitades cun robot co que non traballastes; máis é igual: todos fan as mesmas cousas!
4. Sodes responsables do coidado  do robot e a caixa durante toda a xornada.
5. Borrade os programas que haxa no robot para non terdes problemas de memoria.
6. En cada unda das probas, unha vez se vos informe do desafío, teredes tempo para programar o robot e para modificar a súa estrutura, se o considerades oportuno. Recordade que traballades en grupo!
7. TEDES COÑECEMENTOS SUFICIENTES PARA PODER GAÑAR CALQUERA PROBA.
8. SORTE!
9. Ímolo pasar moi ben!
10. O premio é unha TABLET  (supoño que xa vistes a foto na entrada anterior).

AVISOS: 
  • Os alumnos que non compiten nas xornadas e formarán parte da organización (Paula, Hounaida, Ikram, Carolina, Mateo, Lucía, Andrea... non sei se me olvido de alguén) pasade a verme polo ximnasio ás 10.
  • Aos alumnos de BAC quero vervos xa ás 9 no ximnasio que me tedes que axudar a moitas cousiñas, grazas de antemán!
  • JOSÉ ANTONIO, sei que é probable que sexas dos poucos que le isto, así que, por favor, informa aos compañeiros. Grazas!
  • LUEIRO (non sei quen máis tiña exame) falei con dirección para que vos cambien o exame e creo que non haberá problema. Mañá xa volo confirmo! As competicións empezarán ás 11 e se chegades tarde perderedes algunha proba e será moi difícil que poidades optar a gañar a competición.
Quero algún comentario para saber que ledes esta entrada.

    Premio para os gañadores

    Xa temos os premios para os gañadores das xornadas! Procedentes de Barcelona, onde estiven estes días e as comprei. Aí vai unha foto da TABLET que recibirá cada integrante do equipo gañador. Non diredes que non é un bo agasallo?

    domingo, 12 de febrero de 2012

    Xornadas Robóticas

    Xa está confirmado! O día 23 de Febreiro virán a vernos os nosos compañeiros de Grao (Asturias) e terán lugar, no noso instituto, as segundas Xornadas Robóticas. Aínda que faltan moitas cousiñas por organizar (premios, distribución de portátiles,...), xa vos comento que haberá competicións pola mañá e serán clasificatorias para as da tarde. Tamén estamos estudando a posibilidade de organizar partidillos de fútbol e baloncesto para os ocos nos que deixemos descansar aos robots. Que vos parece?


    Na Voz de Galiza do 12 de Febreiro