domingo, 8 de febrero de 2015

Os nosos alumnos son premiados no VII Concurso Galego de Robótica

Os alumnos de 4º da ESO  María Álvarez Vizcaya, José Joaquín Baz Pena, Nerea Enríquez Fernández e Nuria Oujo Míguez acadaron o segundo premio do VII Concurso Galego de Robótica. O venres fomos a Coruña recoller o premio.
Alba Novo Díaz, Ana Belén Pérez Sampedro, Carmen Sampedro Prado e Ángel Sousa Romero (alumnos de bacharelato) tamén tiveron un papel moi destacado neste concurso e, ata última hora, ocuparon a terceira posición.
 Os xornais da fin de semana recolleron o éxito do noso alumnado no VII Concurso Galego de Robótica.
 A nosa noraboa a todos os alumnos e alumnas. Fixéstelo moi, moi ben!
Deixo aquí unhas fotos: da visita ao MUNCYT o día do concurso, da recollida do premio, de noticias na prensa...


jueves, 5 de febrero de 2015

VII Concurso Galego de Robótica



O IES Nº1 vén de participar no VII Concurso Galego de Robótica, no que compiten 40 centros educativos e máis de 1400 estudantes de tecnoloxía. Os nosos alumnos de 4º da ESO situáronse na primeira posición e permanecen nela tras tres días de concurso. O grupo de 1º de bacharelato acadou o martes a segunda posición e a día de hoxe ocupa na terceira. O venres 6 de febrero finaliza o concurso sendo a entrega de premios ás seis da tarde na Coruña.

Aí van unhas fotiños...


 No seguinte enlace pódese consultar a clasificación diaria.
Tamén deixamos outro enlace no que podes ver a reportaxe que fixo a TVG na que entrevistan a algúns alumnos do noso centro.

viernes, 14 de febrero de 2014

VI Concurso Galego de Robótica

      Esta semana fomos a Coruña a participar no VI Concurso de robótica. Fomos os gañadores do día nas categorías de ESO e na de Bacharelato. O grupo de 4º ESO (Lucía, Carme, Moisés e Sara) conseguiu manterse primeiro ata o mércores, que pasaron a ocupar a segunda posición. Finalmente, tras as competicións do venres, quedaron cuartos. O grupo de bacharelato (Israel, David e Alex) pasou á terceira posición o martes e mantívose nela ata o xoves. Finalmente, quedaron tamén na cuarta posición. En fin, que a semana estivo emocionante e non me queda máis que darvos a miña máis sincera noraboa. Fixéchedelo moi, moi ben.
      Saquei unhas fotiños, poucas e de pouca calidade, mais aí van...



martes, 4 de diciembre de 2012

Coche solar

Os alumnos de bacharelato andan argallando cos robots e aproveitando que esta avaliación estivemos traballando os temas relacionados coa enerxía....
 



sábado, 6 de octubre de 2012

Apoio ao ensino da Tecnoloxía

A nova lei de educación pretende reducir o ensino de Tecnoloxía na ESO e eliminar o bacharelato tecnolóxico. Supoño que o ministro pensaría que para que queremos formar a enxeñeiros se despois teñen que marchar a Alemaña a traballar....

En fin, se cres que isto non debería ser así, que hai que ensinar tecnoloxía, que a tecnoloxía é cultura, que non podemos falar de investigación, innovación, TIC e quedarnos niso, en só falar; se cres nun sistema educativo moderno e nunha materia integradora, cunha metodoloxía de proxectos onde os alumnos e as alumnas aplican o aprendido e non se limitan a ser un disco duro no que almacenar información...

Entón firma a seguinte petición:

https://www.change.org/es/peticiones/en-apoyo-de-la-educaci%C3%B3n-tecnol%C3%B3gica


domingo, 27 de mayo de 2012

martes, 28 de febrero de 2012

Foto Finish

Pois parece que gañou o robot de abaixo, ou non? Si, agora está moito máis claro...

Vídeo da carreira polémica

 Xa vedes que non era nada fácil ver quen gañara... Na próxima entrada a foto "Finish".

Outra proba: GP Robótico

Unha das probas: Xogo do pano.

Probas das xornadas robóticas

     Aquí vai unha relación de todos os documentos relacionados coas xornadas, a saber: contido de cada unha das probas (coas normas detalladas e o sistema de puntuación) e as regras xerais, que vos foron entregadas o día das xornadas antes da competición correspondente. Eran probas divertidas, a que si? 
     Nas próximas entradas subirei vídeos, incluído o da carreira final...



miércoles, 22 de febrero de 2012

Xornadas Robóticas

Mañá, xa sabedes, van ter lugar as II Xornadas robóticas no noso instituto. Como os últimos días non falamos moito, vouvos recordar algunha cousiña:
1. Tedes que estar ás 9 da mañá no IES, na porta do ximnasio. Alí xa se vos informará das actividades (haberá un cartel cun resumo das probas e das regras que afectan a cada unha delas).
2. É importante que saibades que, a partir das 10, tedes que inscribirvos e que, para facelo, cada grupo debe recoller previamente o seu robot e a caixa de pezas correspondente no taller de tecnoloxía.
3. No taller de tecnoloxía estará un alumno de BAC repartindo os robots e as caixas, que serán necesarias por se nalgunha proba hai que modificar a estrutura do robot. Recordade que non tedes ningún robot en propiedade; é dicir, estes repartiranse por orde de chegada  e pode ser que compitades cun robot co que non traballastes; máis é igual: todos fan as mesmas cousas!
4. Sodes responsables do coidado  do robot e a caixa durante toda a xornada.
5. Borrade os programas que haxa no robot para non terdes problemas de memoria.
6. En cada unda das probas, unha vez se vos informe do desafío, teredes tempo para programar o robot e para modificar a súa estrutura, se o considerades oportuno. Recordade que traballades en grupo!
7. TEDES COÑECEMENTOS SUFICIENTES PARA PODER GAÑAR CALQUERA PROBA.
8. SORTE!
9. Ímolo pasar moi ben!
10. O premio é unha TABLET  (supoño que xa vistes a foto na entrada anterior).

AVISOS: 
  • Os alumnos que non compiten nas xornadas e formarán parte da organización (Paula, Hounaida, Ikram, Carolina, Mateo, Lucía, Andrea... non sei se me olvido de alguén) pasade a verme polo ximnasio ás 10.
  • Aos alumnos de BAC quero vervos xa ás 9 no ximnasio que me tedes que axudar a moitas cousiñas, grazas de antemán!
  • JOSÉ ANTONIO, sei que é probable que sexas dos poucos que le isto, así que, por favor, informa aos compañeiros. Grazas!
  • LUEIRO (non sei quen máis tiña exame) falei con dirección para que vos cambien o exame e creo que non haberá problema. Mañá xa volo confirmo! As competicións empezarán ás 11 e se chegades tarde perderedes algunha proba e será moi difícil que poidades optar a gañar a competición.
Quero algún comentario para saber que ledes esta entrada.

    Premio para os gañadores

    Xa temos os premios para os gañadores das xornadas! Procedentes de Barcelona, onde estiven estes días e as comprei. Aí vai unha foto da TABLET que recibirá cada integrante do equipo gañador. Non diredes que non é un bo agasallo?

    domingo, 12 de febrero de 2012

    Xornadas Robóticas

    Xa está confirmado! O día 23 de Febreiro virán a vernos os nosos compañeiros de Grao (Asturias) e terán lugar, no noso instituto, as segundas Xornadas Robóticas. Aínda que faltan moitas cousiñas por organizar (premios, distribución de portátiles,...), xa vos comento que haberá competicións pola mañá e serán clasificatorias para as da tarde. Tamén estamos estudando a posibilidade de organizar partidillos de fútbol e baloncesto para os ocos nos que deixemos descansar aos robots. Que vos parece?


    Na Voz de Galiza do 12 de Febreiro

    sábado, 21 de enero de 2012

    Comezamos!

    Xa ía sendo hora de sacar os robots do armario, a que si?
    Este curso formarán parte deste proxecto unha morea de alumnos. Se o ano pasado eramos arredor de vinte, agora somos cincuenta! Así que me levou algún tempo organizar a toda esta xentiña...
    En fin, empezamos polo principio; é dicir, montando os robots que quedaran gardados nas súas caixiñas. Aí van as fotos...