Os alumnos de 4º da ESO María Álvarez Vizcaya, José Joaquín Baz Pena, Nerea Enríquez Fernández e Nuria Oujo Míguez acadaron o segundo premio do VII Concurso Galego de Robótica. O venres fomos a Coruña recoller o premio.
Alba
Novo Díaz, Ana Belén Pérez Sampedro, Carmen Sampedro Prado e Ángel
Sousa Romero (alumnos de bacharelato) tamén tiveron un papel moi
destacado neste concurso e, ata última hora, ocuparon a terceira
posición.
Os xornais da fin de semana recolleron o éxito do noso alumnado no VII Concurso Galego de Robótica.
A nosa noraboa a todos os alumnos e alumnas. Fixéstelo moi, moi ben!
Deixo aquí unhas fotos: da visita ao MUNCYT o día do concurso, da recollida do premio, de noticias na prensa...